Normativa e

Calidade

A continuación recóllese, no marco do compromiso da UIE coa calidade e a transparencia, tanto a documentación relativa ao Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) como a normativa e información de interese que afectan ás titulacións oficiais da UIE.

Aposta pola uiEvolución.

SGIC

O Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) recolle todos aqueles procesos cos que a UIE conta para o seguimento e mellora na calidade das súas titulacións.

A implementación do SGIC permite a obtención de información relevante sobre os títulos da universidade. Posteriormente, esta información é analizada co obxectivo de establecer melloras orientadas a incrementar a calidade da formación impartida.

UIE Universidade con propósito

Acreditación da UIE

A Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, é unha institución universitaria que foi recoñecida pola Lei 12/2021, de 15 de xullo, do Parlamento de Galicia.

A Universidade Intercontinental da Empresa ten a súa sede administrativa en Santiago de Compostela e integra dous campus académicos, A Coruña e Vigo, que operan como sistema de intercampus conectados en rede.

As ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais de grao e posgrao, que abarcan as ramas de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas, ciencias da saúde e enxeñaría e arquitectura, impártense, respectivamente, nas siguientes estruturas docentes: Facultade de Administración de Empresas e Dereito, Facultade de Enxeñaría e Tecnoloxía Empresarial e Facultade de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión da Saúde, todas elas con sedes en ambos campus académicos.

O Sistema de Garantía Interna de Calidade esténdese a todos os centros da Universidade Intercontinental da Empresa e, por tanto, aplicarase en todos os títulos oficiais impartidos, e o seu desenvolvemento e implementación realizarase de maneira progresiva unha vez obtida a autorización para o inicio de actividades.

Tes algunha dúbida?

Contáctanos e axudámoste a resolvela.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.