Executive Master in

INTERNATIONAL BUSINESS

O Executive Master in International Business está deseñado para profesionais de empresas ou institucións públicas que desexen desenvolver a súa capacidade de liderado e xestión internacional en contornos globais.

CAMPUS

Por determinar

MODALIDADE

Presencial e síncrona

HORARIO

Por determinar

INICIO

PROXIMAMENTE

O programa baséase nunha sólida formación en materias tradicionais de administración de empresas, como finanzas, estratexias de márketing e capital humano. Ademais, o MIB da UIE ofrece un plan de estudos especializado en comunicación intercultural, transformación dixital e sustentabilidade que te preparará para traballar en diferentes países, culturas, industrias e sectores do mundo.

5 RAZÓNS PARA CURSAR O MIB

1. Adquire unha mentalidade global.
Alcanza unha perspectiva global na toma de decisións estratéxicas interactuando plenamente cun grupo de compañeiros cultural e profesionalmente diverso e compartindo os teus puntos de vista cun profesorado experimentado.

2. Prepárate para un auténtico reto intercultural.
Descobre as claves para ter éxito e beneficiarte das oportunidades de negocio que ofrece o complexo mercado global nunha viaxe de estudos intensiva nunha escola de negocios líder, gozando dunha verdadeira experiencia intercultural cos teus compañeiros de clase.

3. Aprende a través da experiencia real.
Adestra as túas habilidades de liderado e negociación internacional a través de actividades de experiencia práctica. Ensinámosche a negociar negociando con provedores internacionais reais e a coñecer a realidade empresarial en visitas a empresas.

4. Maximiza os teus coñecementos de inglés.
Saca o máximo partido aos teus coñecementos de inglés orientado aos negocios mediante a práctica exhaustiva de todas as habilidades comunicativas e a interacción con compañeiros e profesores en clase e durante a túa viaxe de estudos internacional (opcional).

5. Únete á rede líder de directivos internacionais de primeiro nivel.
Únete á comunidade galega líder de directivos internacionais, con máis de 25 anos de historia e presente nos cinco continentes.

CAMPUS

Vigo. Presencial e síncrona

DURACIÓN

8 meses

INICIO

Proximamente

Horario

Venres pola tarde
Sábados pola mañá

Estadía internacional

Porto Business School
London School of Economics (Opcional)

IDIOMA

Inglés

OPINIÓNS DOS NOSOS PARTICIPANTES

O PROGRAMA

EIXE 1

COÑECEMENTOS ESPECIALIZADOS

EIXE 2

APRENDIZAXE EXPERIENCIAL

EIXE 3

PROXECTO FIN DE MÁSTER

STUDY TOUR


O programa conta cun Study Tour opcional na London School of Economics.

STUDY TOUR (OPCIONAL)

THE LONDON SCHOOL OF ECONOMICS AND POLITICAL SCIENCE

Fundada en 1895 e situada no corazón de Londres, é a institución líder de Europa en ciencias sociais e xeoestratexia internacional. Nas súas aulas formáronse 18 premios Nobel e 45 xefes de Estado, entre eles o propio John F. Kennedy. LSE Ideas é o think tank do pensamento crítico e da visión estratéxica global, indispensables para forxar a capacidade de liderado internacional. En 2025 foi clasificada como a mellor universidade do Reino Unido por The Times e The Guardian, e como a 6.ª universidade do mundo en Ciencias Sociais polo prestixioso Ranking QS 2024.

LSE Ideas, en colaboración coa UIE, deseñou este programa co obxectivo de achegar unha profunda visión xeoestratéxica, salientando a importancia da política e da diplomacia internacional nas estratexias das empresas de todo tipo de sectores. O programa inclúe sesións lectivas impartidas por académicos do máximo prestixio, “practitioner speakers” e visitas a empresas.

Programa (30 horas)

es para ti

O Executive Master in International Business é para ti se es unha persoa:

Outros programas ou formacións

Os nosos Alumni opinan

Ademais de formar parte da rede Executive MBA, sumaraste á comunidade UIE, formada por estudantes, antigos alumnos e profesores que, a través de UIE ALUMNI, organiza un amplo abano de actividades para cultivar e potenciar o teu networking e ofréceche unha gran variedade de servizos cun alto valor engadido.

estudantes
+ 0

cursaron os nosos programas

dos estudantes de grao e MBA
+ 0 %

atopan traballo en menos dun ano

empresas e institucións
+ 0

con convenios de colaboración

Non sabes que programa se adapta mellor ás túas necesidades?

Non te preocupes!

Contacta connosco, axudarémoste a conseguir os teus obxectivos profesionais.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.