Xornada de
portas abertas

Abrímosche as nosas portas para que vivas o que será formar parte da UIE.

UIE

En que consisten as xornadas de portas abertas?

En UIE sabemos que decidir unha carreira universitaria non é sinxelo. E menos aínda se non sabes que te ofrecen, que vas estudar e como vai ser o teu día a día na universidade!

Por iso, agora que vas decidir sobre o teu futuro, gustaríanos que viñeses coñecernos e compartir contigo un día moi especial nos nosos campus da Coruña e Vigo. Vén cos teus amigos, irmáns, compañeiros de clase, cos teus pais (con quen ti prefiras!), e mergúllate na experiencia completa UIE.

Descubrirás o teu futuro campus

Campus de vanguarda equipados coa última tecnoloxía ao servizo da aprendizaxe. Pizarras dixitais, postos de traballo interconectados, pantallas con opcións multifunción, cámaras con sistemas de recoñecemento para a gravación das clases, etc.

Coñecerás os nosos graos

Explicaremosche todas as túas opcións formativas e como é a nosa metodoloxía. Unha metodoloxía única en Europa e deseñada para que o auténtico protagonista do proceso formativo sexas ti. Ademais, presentaremosche todas as oportunidades profesionais que terás ao finalizar.

Explicarémosche os seguintes pasos

Ao longo da xornada de portas abertas falaremos sobre como é o proceso de admisión e daremos resposta a todas ass dúbidas que poidan xurdir.

Ademais, para ayudarte a ser o profesional que queres ser, daremosche información do noso programa de bolsas. Non queremos que nada te frene!

Vivirás a túa primeira experiencia como estudante da UIE

Finalizaremos as xornadas cunha actividade moi especial que deseñamos especificamente para que poidas experimentar como será o teu futuro día a día.

Onde e cando son as xornadas?

Os horarios de Xornadas de Portas Abertas son os seguintes:

Venres, de 16:30 a 19:00

Sábados, de 11:00 a 13:30

DESCUBRE OS NOSOS GRAOS UNIVERSITARIOS

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.