UIE Universidade con propósito

As nosas

bolsas e axudas

O noso compromiso contigo, co talento e a sociedade.

Descubre o noso programa de bolsas e axudas ao estudo.

Co noso programa de bolsas e axudas procuramos apoiar a todos aqueles estudantes que destacan polo seu esforzo diario e excelencia, tendo en conta tamén as súas circunstancias económicas e familiares.
Desde UIE comprometémonos a investir o 15% dos nosos ingresos no programa de bolsas. Sabemos que combinando o teu talento coa formación más innovadora e os medios necesarios, podemos construír xuntos a sociedade do futuro!

UIE Universidade con propósito

Bolsas e axudas para estudantes de Grao Universitario

Becas de Grado de la UIE

Bolsas á Excelencia

As Bolsas á Excelencia premian aos estudantes que son un verdadeiro exemplo de esforzo e talento independentemente da súa situación económica ou familiar.

O obxectivo destas bolsas é recoñecer o esforzo e estimular os estudantes na procura constante da excelencia, determinación e superación.

Cantas bolsas se outorgan?

Outórgase unha bolsa para cada un dos graos, nos dous campus.

Cal é o valor económico da bolsa?

Trátase dunha redución de ata o 90% do prezo total do programa.

Quen pode solicitala?

Todos os estudantes que acrediten unha nota media igual ou superior a 8 (sobre 10).

A bolsa é anual?

Non, as bolsas outórganse para cada semestre, e, para a súa renovación, o estudante terá que ter unha nota media ponderada na Universidade igual ou superior a 8 (sobre 10) no semestre anterior.

Bolsas Talento

Para facilitar o acceso aos graos universitarios, esta modalidade de bolsas ten en conta, ademais do expediente académico dos candidatos, a súa situación económica e familiar. Para iso, estableceuse un baremo que determina os criterios para a súa concesión.

Cantas bolsas se outorgan?

Dependerá dos recursos dispoñibles para bolsas e o número de solicitudes recibidas.

Quen pode solicitala?

Estudantes cunha nota media de bacharelato igual ou superior a 7 (sobre 10)
Estudantes que se matriculen de polo menos 60 créditos
Estudantes sen titulación universitaria previa
Estudantes cuxa renda familiar se atope dentro dos límites de cada convocatoria

Cal é o seu valor económico?

Para o ano académico 2024/2025 cubrirán un máximo do 60% da tarifa académica segundo baremo indicado nas bases.

A bolsa é anual?

As Bolsas Talento outórganse para os catro anos do grao, pero renóvanse de forma semestral. Para renovalas, a persoa bolseira deberá cumprir tamén co seu compromiso coa UIE obtendo unha media ponderada de 7 ou superior (sobre 10) no semestre anterior e completando as horas semestrais de dedicación a actividades de participación na vida universitaria e compromiso social.

As bolsas UIE son compatibles coas doutras institucións?

Si, sempre que o importe conxunto non supere o custo dos teus estudos en UIE.

Bolsa Consello Reitor

O estudante da UIE con mellor nota media ponderada cada semestre obterá unha beca para o seguinte semestre polo valor do 100% da tarifa académica.

UIE Universidade con propósito

Bolsas e axudas para estudantes de Máster

O seu obxectivo é premiar o esforzo e a traxectoria académica, así como a procura da excelencia durante os estudos de máster, con independencia da situación económica da persoa solicitante. É o noso recoñecemento a aqueles estudantes que son exemplo de determinación e superación.

Bolsas á Excelencia

As Bolsas á Excelencia premian aos estudantes que son un verdadeiro exemplo de esforzo e talento independentemente da súa situación económica ou familiar.

O obxectivo destas bolsas é recoñecer o esforzo e estimular os estudantes na procura constante da excelencia, determinación e superación.

Cantas bolsas se outorgan?

Outórgase unha bolsa para cada un dos másteres universitarios, nos dous campus.

Cal é o valor económico da bolsa?

Trátase dunha redución de ata o 90% do prezo do máster.

Quen pode solicitala?

Poderán solicitala aqueles estudantes que teñan unha nota media igual ou superior a 8 (sobre 10).

Bolsas Talento

Para facilitar o acceso aos másteres universitarios, esta modalidade de bolsas ten en conta, ademais do expediente académico dos candidatos, a súa situación económica e familiar. Para iso, estableceuse un baremo que determina os criterios para a súa concesión.

Cantas bolsas se outorgan?

Dependerá dos recursos dispoñibles para bolsas e o número de solicitudes recibidas.

Cal é o valor económico da bolsa?

Poderán cubrir ata un 60% do importe do programa máster para o que se solicite.

Quen pode solicitala?

Os estudantes que acrediten un bo expediente académico: nota mínima de 7, nunha titulación universitaria válida no Espazo Europeo de Educación Superior. Estudantes cuxa renda familiar se atope dentro dos límites establecidos en cada convocatoria. Para o ano académico 2024/2025 cubrirán un máximo do 60% da tarifa académica segundo baremo indicado nas bases.

UIE Universidade con propósito

Plan de Bonificacións

Ademais do noso programa de bolsas e axudas, en UIE deseñamos un amplo abanico de bonificacións. O noso obxectivo: facilitar o acceso dos nosos alumnos á formación innovadora que se merecen.

Bonificación pago único

Os estudantes que opten polo pago único nos primeiros 30 días desde o inicio do programa terán unha bonificación do 2% sobre o importe da tarifa académica.

Bonificación por discapacidade

Os estudantes con certificación de grao de discapacidade igual ou superior ao 33% teñen unha bonificación do 10% sobre os honorarios da tarifa académica.

Bonificación Familiares na Universidade

O segundo e sucesivos familiares teñen unha bonificación do 10% na tarifa académica, a condición de que ambos estean aínda cursando os seus estudos. Esta bonificación aplica a pais, nais, fillos, irmáns e cónxuxes.

Bonificación Alumni

Os ex-alumnos, tanto de IESIDE como da UIE, e os seus familiares de primeiro grao, teñen unha bonificación do 18% sobre a tarifa académica. Deberán acreditar a pertenza á asociación de Alumni.

Bonificación Familia Numerosa

As familias numerosas de réxime xeral teñen unha bonificación do 5% sobre a tarifa académica. As de réxime especial, do 10%.

Bonificación para a competitividade empresarial

UIE asinou convenios de colaboración con múltiples asociacións e colexios profesionais, para que as entidades e persoas pertencentes aos devanditos colectivos poidan apostar polo seu desenvolvemento en condicións preferentes.

As bonificacións son compatibles coas bolsas uie?

Si, pero para que sexan compatibles, os estudantes deberán presentar ambas as solicitudes ao mesmo tempo.

As bonificacións son acumulables?

As bonificacións non son acumulables e aplicaranse sobre as tarifas académicas (excluíndo os conceptos de reserva de praza e matrícula).
*Nas estancias internacionais non se aplican os descontos.

UIE Universidade con propósito

Financiación
ABANCA Estudia

ABANCA axuda a aquelas persoas que desexan construír o seu propio futuro en UIE e achegar ao conxunto da sociedade mediante o programa ABANCA Estudia.

Trátase dun produto financeiro cunhas condicións moi favorables para que a única preocupación do estudante sexa a súa formación.

Préstamo Grao UIE ABANCA Estudia

Se vas estudar un grao en UIE, ABANCA desenvolveu o o Préstamo Grao UIE ABANCA Estudia. Este adáptase ás túas necesidades como estudante e cobre o total dos costes de matrícula.

Préstamo Postgrado UIE ABANCA Estudia

Se vas cursar un máster universitario en UIE, poderás optar polo financiamento de ABANCA Estudia Préstamo Posgrao UIE. Con el poderás cubrir os custos de matrícula e gastos de manutención.

Préstamo ABANCA Estudia UIE

Se vas estudar un grao ou un máster universitario en UIE, ABANCA desenvolveu o Préstamo ABANCA Estudia UIE. Este adáptase ás túas necesidades como estudante e cobre o total dos custos de matrícula.

Tes algunha dúbida?

Contáctanos e axudámoste a resolvela.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.