Biblioteca

Contar cunha biblioteca actualizada e accesible nun campus é fundamental en todo proceso de aprendizaxe. E desde a UIE ofrecemosche o catálogo bibliográfico e de obras de referencia máis completo!

Bibliotecas multi campus

As bibliotecas multi campus da Universidade Intercontinental da Empresa son moito máis que bibliotecas. Son vehículos para que os estudantes poidan desenvolver as súas competencias informacionais para:

Procura de información

Selección

Discriminación de datos

Análise

UIE conta con tres bibliotecas multi campus con acceso virtual, especializadas nas ramas de coñecemento de economía da empresa, sistemas de información e novas tecnoloxías.

As bibliotecas dos campus da Coruña e Vigo dispoñen de salas de lectura cos principais libros para o estudo, e espazos de traballo en equipo, onde se investiga e comparte a información para aprender e crear co apoio das publicacións periódicas e obras de referencia.

Cremos na idea da biblioteca como espazo aberto de aprendizaxe e apoio para o desenvolvemento das competencias informacionais. Os horarios de apertura e atención ao usuario (excepto en Nadal, Semana Santa e época estival) son:

  • Campus da Coruña.
    Sala de lectura, referencia e investigación: L-V de 9.00 a 21.00. Sábados de 9.00 a 13.00.
  • Campus de Vigo.
    Sala de lectura, referencia e investigación: L-V de 9.00 a 21.00. Sábados de 9.00 a 13.00.
    Servizo de referencia presencial: L-V de 9.00 a 14.00, X-J de 15.30 a 19.00.

Consulta online do catálogo da biblioteca

A importante inversión de UIE en tecnoloxía para a aprendizaxe, permitiunos crear un sistema de consulta online do catálogo, tanto dos fondos bibliográficos como os non bibliográficos. Ademais o campus virtual está conectado coa biblioteca, cun apartado de bibliografía e documentación de interese de cada materia.

Que atoparás na biblioteca do campus?

As bibliotecas dos campus da UIE suman máis de 13.000 volumes, entre manuais, libros de divulgación e obras de referencia. Así mesmo está subscrita a publicacións xornalísticas, tanto nacionais como estranxeiras, en papel e electrónicas. As publicacións académicas e sectoriales que poñemos a disposición dos nosos estudantes son un apoio fundamental para a investigación encamiñada á elaboración dos TFG e TFM.

Na biblioteca os nosos estudantes tamén terán aceso a unha pequena colección de audiovisuais, libros electrónicos e conexións a bases de datos lexislativas e empresariais.

Máis de 13.000 libros

720 estudos sectoriales

770 estudos económicos

Máis de 200 directorios de empresas

Biografías, dicionarios, normativas, etc.

E ADEMAIS

Acceso a TFG e TFM!

Unha das singulariedades da nosa biblioteca é que terás acceso desde calquera dispositivo aos case 4.000 proxectos de investigación elaborados desde 1988. Isto inclúe TFG, TFM e exercicios de investigación elaborados por estudantes, que se recollen nun repositorio institucional.

A consulta destes proxectos fíxose fundamental á hora de elaborar traballos de investigación, xa sexa como modelo ou punto de partida.

Todos os fondos bibliográficos poden ser consultados no catálogo online, ao que se pode acceder tanto desde a web como do campus virtual.
Teñen especial relevancia as recomendacións bibliográficas do profesorado reflectidas nos contratos de aprendizaxe de cada materia impartida nos graos e másteres da UIE e que están dispoñibles para préstamo.
Para facilitar a elaboración de traballos de investigación, reúnense e recoméndanse páxinas web institucionais e empresariais, agrupadas por temática ou sector, con información de acceso libre e seleccionadas pola súa fiabilidade.

Outros servizos

E isto non é todo! Ademais de todo o que comentamos, como estudante contarás tamén con estes servizos:

Tes algunha dúbida?

Contáctanos e axudámoste a resolvela.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.