Executive Master in

BUSINESS EMB

O Executive Master in Business é un programa cuxo obxectivo global é formar profesionais que optan a postos directivos.

CAMPUS

Por determinar

MODALIDADE

Presencial e síncrona

HORARIO

Por determinar

INICIO

PROXIMAMENTE

Comprenderás o funcionamento do algoritmo de LinkedIn e o seu impacto nas publicacións, así como a utilización de LinkedIn Sales Navigator de maneira eficaz para vendas. Ademais, aprenderás a incorporar ferramentas de intelixencia artificial.

Da man de Ainhoa Gómez Beltrán, LinkedIn Top Voice, licenciada en Ciencias Matemáticas e con varios posgraos, como o de Arquitectura de Software pola Universidade de Deusto.

Introdución

O Executive Master in Business é un programa cuxo obxectivo global é formar profesionais que optan a postos directivos, para o que se traballará:

• Construír unha visión global dunha empresa e dos principais competidores do mercado.

• Formar no uso das ferramentas necesarias para o deseño e a execución da estratexia, así como establecer indicadores para verificar o seu cumprimento.

• Traballar habilidades dixitais clave en todas as áreas de negocio, nun contorno de cambio tecnolóxico e organizacional, con especial atención á irrupción da IA.

• Establecer os coñecementos e as habilidades necesarios para interpretar, planificar e implementar estratexias de márketing efectivas.

• Fortalecer o liderado mediante a mellora das power skills tanto na xestión de equipos como na marca persoal e empresarial.

CAMPUS

A Coruña. Presencial e síncrona

DURACIÓN

8 meses

INICIO

Outubro 2026

Horario

Xoves pola tarde
Venres pola tarde

Estadías internacionais

Porto Business School London School of Economics (opcional)

IDIOMAS

Español e inglés

OPINIÓNS DOS NOSOS PARTICIPANTES

O PROGRAMA

TEMA 1

XESTIÓN EMPRESARIAL E O SEU CONTORNO
20 Horas

TEMA 2

DIRECCIÓN XERAL E ESTRATEXIA EMPRESARIAL
16 Horas

TEMA 3

FINANZAS PARA A DIRECCIÓN
52 Horas

TEMA 4

DIRECCIÓN DE MÁRKETING
24 Horas

TEMA 5

DIRECCIÓN DE PERSOAS E LIDERADO
28 Horas

TEMA 6

TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN
28 Horas

TEMA 7

HABILIDADES DIRECTIVAS
16 Horas

BUSINESS GAME

24 Horas

O Business Game simula unha estratexia de negocios internacionais ambientada nun contorno empresarial global competitivo e en rápida evolución. Este xogo permitirá ao participante aplicar os coñecementos adquiridos no programa para enfrontarse a un reto como directivo.

STUDY TOURS & INTERNATIONAL NETWORKING DAY

38 Horas

O programa conta cun Study Tour na LSE e un International Networking Day na Porto Business School, escolas de prestixio internacional onde se abordarán distintos aspectos relacionados co programa.

A estadía na LSE, de 30 horas de duración, é de carácter voluntario, non computa dentro das horas do máster e permite obter un título adicional emitido pola LSE.

STUDY TOURS

THE LONDON SCHOOL OF ECONOMICS AND POLITICAL SCIENCE (OPCIONAL)

Fundada en 1895 e situada no corazón de Londres, é a institución líder de Europa en ciencias sociais e xeoestratexia internacional. Nas súas aulas formáronse 18 premios Nobel e 45 xefes de Estado, entre eles o propio John F. Kennedy. LSE Ideas é o think tank do pensamento crítico e da visión estratéxica global, indispensables para forxar a capacidade de liderado internacional. En 2025 foi clasificada como a mellor universidade do Reino Unido por The Times e The Guardian, e como a 6.ª universidade do mundo en Ciencias Sociais polo prestixioso Ranking QS 2024.

LSE Ideas, en colaboración coa UIE, deseñou este programa co obxectivo de achegar unha profunda visión xeoestratéxica, salientando a importancia da política e da diplomacia internacional nas estratexias das empresas de todo tipo de sectores. O programa inclúe sesións lectivas impartidas por académicos do máximo prestixio, “practitioner speakers” e visitas a empresas.

Programa (30 horas)

STUDY TOURS

PORTO BUSINESS SCHOOL

Porto Business School é unha das 50 mellores escolas de negocios do mundo segundo o último ranking do Financial Times 2023. O seu Executive MBA conta coa dobre acreditación internacional (AMBA e EFMD) e figura entre os 40 mellores MBA de Europa.

O obxectivo desta viaxe internacional é construír unha visión sobre o impacto da tecnoloxía dixital no negocio internacional e achegarse aos sectores estratéxicos Galicia-Norte de Portugal.

Programa (8 horas)

es para ti

O Executive Master in Business é para ti se...

O máster diríxese principalmente a profesionais que desexan potenciar as súas habilidades directivas. Buscamos participantes con titulación universitaria ou de posgrao, con experiencia en dirección executiva, que desexen dar un salto nas súas habilidades de xestión.

Este máster é para:

Outros programas ou formacións

Os nosos Alumni opinan

Ademais de formar parte da rede Executive MBA, sumaraste á comunidade UIE, formada por estudantes, antigos alumnos e profesores que, a través de UIE ALUMNI, organiza un amplo abano de actividades para cultivar e potenciar o teu networking e ofréceche unha gran variedade de servizos cun alto valor engadido.

estudantes
+ 0

cursaron os nosos programas

dos estudantes de grao e MBA
+ 0 %

atopan traballo en menos dun ano

empresas e institucións
+ 0

con convenios de colaboración

Non sabes que programa se adapta mellor ás túas necesidades?

Non te preocupes!

Contacta connosco, axudarémoste a conseguir os teus obxectivos profesionais.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.