UIE International School

UIE International School ofrece unha ampla gama de programas que permiten a estudantes nacionais e doutros países achegarse á experiencia de estudar na UIE e coñecer Galicia desde perspectivas diferentes.

A actividade de UIE International School concéntra fundamentalmente no Summer Term cando ofrecemos

PREUNIVERSITY SUMMER SCHOOL

Programas Preuniversitarios para estudantes de 2º de bacharelato que queiran aproveitar o descanso vacacional para desenvolver coñecementos e habilidades e coñecer xente nova. É un modo de asomarse á formación universitaria antes de tomar a súa decisión de que estudar. Trabállanse habilidades transversais clave para a súa vida profesional como a comunicación, a creatividade e a visión innovadora. Ao mesmo tempo que se visitan empresas practícanse actividades lúdicas divertidas e emprégase o inglés.

UNIVERSITY SUMMER SCHOOL

Programas interculturais como o Diploma Asiático en Relacións Internacionais impartido en colaboración coa University of International Business and Economics de Beijing e que permite adquirir coñecementos especializados de Comercio Internacional, un intenso adestramento cultural con estudantes de China, aprender chinés básico, e realizar actividades e viaxes que o convirten nun adestramento único para as relacións profesionais con China sen saír de Galicia.

Ademais UIE también ofrece Summer Schools especializadas cos seus colaboradores: a Universidade de Cambridge (UK) e con Aydin University (Estambul).

EXECUTIVE SUMMER SCHOOL

UIE ofrece cos seus prestixiosos socios internacionais programas intensivos en distintos países nos que se combina un contido académico de vangarda cunha fonda experiencia intercultural e networking profesional.

estudantes
+ 0

cursaron os nosos programas

dos estudantes de grao e MBA
+ 0 %

atopan traballo en menos dun ano

empresas e institucións
+ 0

con convenios de colaboración

Non tes claro que grao universitario é o perfecto para ti?

Non te preocupes!

Elixir que grao universitario estudar é unha decisión moi importante, por iso nos poñemos ao teu dispor para axudarte e resolver todas as túas dúbidas.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.