Executive Program en

SUSTENTABILIDADE
EMPRESARIAL

O Executive Program en Sustentabilidade Empresarial da UIE busca desenvolver nos seus participantes habilidades para integrar de maneira efectiva a sustentabilidade nos obxectivos empresariais, e prepara para tomar decisións que favorezan o crecemento económico, a equidade social e a preservación do medio ambiente. Ademais, actualizará sobre as novas normativas ligadas aos criterios e riscos ESG e á presentación de información de sustentabilidade, como a CSRD, e sobre como as empresas poden responder incorporándoas nos modelos de xestión.

CAMPUS

Por determinar

MODALIDADE

Presencial e síncrona

HORARIO

Por determinar

INICIO

PROXIMAMENTE

Comprenderás o funcionamento do algoritmo de LinkedIn e o seu impacto nas publicacións, así como a utilización de LinkedIn Sales Navigator de maneira eficaz para vendas. Ademais, aprenderás a incorporar ferramentas de intelixencia artificial.

Da man de Ainhoa Gómez Beltrán, LinkedIn Top Voice, licenciada en Ciencias Matemáticas e con varios posgraos, como o de Arquitectura de Software pola Universidade de Deusto.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

  • Analizar o marco global da sustentabilidade.
  • Deseñar e aplicar a estratexia de sustentabilidade na xestión da empresa.
  • Avaliar o impacto da sustentabilidade na empresa e no seu contorno.

CAMPUS

Vigo
Presencial e síncrona

HORAS

80 horas

INICIO

Proximamente

Horario

Mércores das 9:30 ás 19:00 h

A metodoloxía

A Universidade Intercontinental da Empresa asenta nuns piares metodolóxicos que combinan a formación teórica cun importante valor da súa aplicación práctica. Os docentes, profesionais en activo nos campos específicos, expoñen de maneira participativa o seu know-how e presentan casos reais do seu ámbito de actuación.

O programa de Sustentabilidade na xestión empresarial ten unha duración de 3 meses e está estruturado en 5 módulos. A través da experiencia dos docentes e do estudo de casos, o programa ofrecerá unha visión práctica e aplicable na empresa.

Cada módulo vai precedido dunha conferencia dunha hora de duración impartida por un especialista na materia que explicará un caso real.

O PROGRAMA

TEMA 1

INTRODUCIÓN Á SUSTENTABILIDADE NA EMPRESA
12 Horas

TEMA 2

A INTEGRACIÓN DOS CRITERIOS ESG NA XESTIÓN EMPRESARIAL
16 Horas

TEMA 3

COMO IMPLEMENTO UN ENFOQUE DE SUSTENTABILIDADE? FERRAMENTAS PARA A SUSTENTABILIDADE
32 Horas

TEMA 4

O FINANCIAMENTO SUSTENTABLE COMO PANCA DE TRANSICIÓN
8 Horas

TEMA 5

COMUNICANDO A SUSTENTABILIDADE
8 Horas

PROXECTO FINAL

PROXECTO FINAL
4 Horas

Programa ejecutivo en Sostenibilidad en Gestión Empresarial

Perfil do participante

Neste programa estúdanse e desenvólvense habilidades para integrar de maneira efectiva a sustentabilidade nos obxectivos empresariais, e prepararanse os mandos directivos para tomar decisións que favorezan o crecemento económico, a equidade social e a preservación do medio ambiente. 

Ao formar os líderes empresariais con esta perspectiva, conséguese unha sinerxía entre o éxito económico e o benestar social, que favorece novas oportunidades de investimento e reforza a sustentabilidade en todos os aspectos da xestión empresarial.

Este programa é esencial para profesionais que traballan en empresas que buscan impulsar a transformación cara a modelos de negocio responsables, o cal é clave para a súa competitividade e lonxevidade no mercado.

Outros programas ou formacións

Os nosos Alumni opinan

Ademais de formar parte da rede Executive MBA, sumaraste á comunidade UIE, formada por estudantes, antigos alumnos e profesores que, a través de UIE ALUMNI, organiza un amplo abano de actividades para cultivar e potenciar o teu networking e ofréceche unha gran variedade de servizos cun alto valor engadido.

estudantes
+ 0

cursaron os nosos programas

dos estudantes de grao e MBA
+ 0 %

atopan traballo en menos dun ano

empresas e institucións
+ 0

con convenios de colaboración

Non sabes que programa se adapta mellor ás túas necesidades?

Non te preocupes!

Contacta connosco, axudarémoste a conseguir os teus obxectivos profesionais.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.