Proceso de admisión de estudantes
Queres sumarte á uiEvolución e estudar algún dos nosos graos ou másteres universitarios?
Inscríbete e presenta a túa solicitude de ingreso!
Quen pode presentarse ao proceso de admisión de graos e posgraos da UIE?
- ESTUDANTES DE 2º DE BACHARELATO
- TITULADOS EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
- ESTUDANTES PROCEDENTES DOUTROS SISTEMAS EDUCATIVOS INTERNACIONAIS
- ESTUDANTES UNIVERSITARIOS QUE ACTUALMENTE ESTÁN CURSANDO OUTRAS TITULACIÓNS
Proceso de admisión de estudantes
Queres sumarte á uiEvolución e estudar algún dos nosos graos ou másteres universitarios?
Inscríbete e presenta a túa solicitude de ingreso!
Quen pode presentarse ao proceso de admisión de graos da UIE?
- ESTUDANTES DE 2º DE BACHARELATO
- TITULADOS EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
- ESTUDANTES PROCEDENTES DOUTROS SISTEMAS EDUCATIVOS INTERNACIONAIS
- ESTUDANTES UNIVERSITARIOS QUE ACTUALMENTE ESTÁN CURSANDO OUTRAS TITULACIÓNS
O NOSO PROCESO DE ADMISIÓN
paso a paso
Inscrición
Inscríbete para presentar a túa solicitude de ingreso
PRAZAS LIMITADAS
Cando se abren as próximas convocatorias?
1º Convocatoria – Do 30 de xaneiro ao 30 de abril
2º Convocatoria – Do 2 de maio ao 31 de xullo
3º Convocatoria – Do 1 de agosto ao inicio do ano académico
Documentación
Esta é a documentación que precisarás para a solicitude de admisión, e que podes ir preparando:
- Fotografía e DNI ou pasaporte.
- Certificación das notas de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato (as cualificacións obtidas ata o momento).
- O teu expediente académico se xa iniciaches os teus estudos universitarios noutro centro ou se optaches por un ciclo formativo de grao superior.
- Acreditación do teu nivel de inglés (Cambridge, Trinity, British council, EOI, TOEFL,…) e outros méritos.
- Comprobante de pago dos dereitos de tramitación de probas (100€, non reembolsables).
- Fotografía e DNI ou pasaporte.
- Título universitario ou xustificante de solicitude do mesmo.
- Expediente académico completo.
- Acreditación de titulación en caso de posuíla.
- Currículum vítae actualizado.
- Comprobante de pago dos dereitos de tramitación de probas (100€, non reembolsables).
Solicitude
Completa a solicitude de ingreso
Unha vez te inscribas, recibirás un correo electrónico cos seguintes pasos para completar a túa solicitude de ingreso, e anexar a documentación requirida.
Admisión
Unha vez recibida a túa solicitude e avaliado o teu expediente, contactaremos contigo para a realización das probas de admisión:
- Cuestionario de habilidades: aptitude espacial, aptitude numérica, razoamento abstracto e aptitude verbal.
- Proba xeral de acceso (orientado a analizar as capacidades de expresión escrita e orientación ao mundo da empresa).
- Proba de nivel de inglés.
Entrevista
Fai a entrevista persoal
A entrevista persoal ten por obxectivo coñecerte máis. Saber dos teus intereses, as túas inquedanzas, por que queres estudar na UIE e cales son as túas expectativas.
Á entrevista persol presentaranse só aqueles candidatos que superaran as probas escritas e será presencial nos Campus da UIE ou por videoconferencia.
Reserva
Aboa a reserva de praza
Aboa a reserva de praza. Unha vez completada e validada a túa candidatura, poderás efectuar a reserva de praza para obter a carta de admisión e garantir a túa praza.
Se vés doutra titulación, unha vez reservada a praza, poderás solicitar o recoñecemento de materias.
Proceso final
Fai a entrevista persoal
Formaliza a matrícula:
Desde UIE porémonos en contacto contigo para informarte sobre os prazos e proceso que terás que seguir para a formalización da túa matrícula.
Asina o contrato de aprendizaxe:
Unha vez sexa oficial que formas parte da gran familia UIE, terás que asinar un contrato de aprendizaxe institucional, como parte dos requisitos de ingreso e vixencia na institución. Neste contrato establécense as condicións específicas da relación entre a institución e os seus estudantes, normativas, procedementos e os compromisos éticos de ambas partes.