Proceso de admisión de estudantes

Queres sumarte á uiEvolución e estudar algún dos nosos graos ou másteres universitarios?

Inscríbete e presenta a túa solicitude de ingreso!

Quen pode presentarse ao proceso de admisión de graos e posgraos da UIE?

Proceso de admisión de estudantes

Queres sumarte á uiEvolución e estudar algún dos nosos graos ou másteres universitarios?

Inscríbete e presenta a túa solicitude de ingreso!

Quen pode presentarse ao proceso de admisión de graos de UIE?

Quen pode presentarse ao proceso de admisión de graos de UIE?

O NOSO PROCESO DE ADMISIÓN

paso a paso

Inscríbete cando estea aberta a convocatoria

Contámosche a documentación que precisarás

Recibirás un correo electrónico para completar a túa solicitude de ingreso

Realizarás unha sinxela proba de admisión

Queremos coñecerte a fondo! A ti e os teus intereses

Abono da
reserva de
praza

Formalización de matrícula e firma de contrato institucional

Inscrición

Inscríbete para presentar a túa solicitude de ingreso

PRAZAS LIMITADAS

Cando se abren as próximas convocatorias?

1ª Convocatoria – Do 1 de decembro ao 31 de maio

2ª Convocatoria – Do 1 de xuño ao 14 de xullo

3ª Convocatoria – Del 15 de xullo ao inicio do ano académico

Documentación

Esta é a documentación que precisarás para a solicitude de admisión, e que podes ir preparando:
  • Fotografía e DNI ou pasaporte.
  • Certificación das notas de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato (as cualificacións obtidas ata o momento).
  • O teu expediente académico se xa iniciaches os teus estudos universitarios noutro centro ou se optaches por un ciclo formativo de grao superior.
  • Acreditación do teu nivel de inglés (Cambridge, Trinity, British council, EOI, TOEFL,…) e outros méritos.
  • Comprobante de pago dos dereitos de tramitación de probas (100€, non reembolsables).
  • Fotografía e DNI ou pasaporte.
  • Título universitario ou xustificante de solicitude do mesmo.
  • Expediente académico completo.
  • Acreditación de titulación en caso de posuíla.
  • Currículum vítae actualizado.
  • Comprobante de pago dos dereitos de tramitación de probas (100€, non reembolsables).

Solicitude

Completa a solicitude de ingreso

Unha vez te inscribas, recibirás un correo electrónico cos seguintes pasos para completar a túa solicitude de ingreso, e anexar a documentación requirida.

Admisión

Unha vez recibida a túa solicitude e evaluado o teu expediente, contactaremos contigo para a realización das probas de admisión.


Para acceder aos nosos graos, realizarás as seguintes probas:

Para acceder aos nosos másteres universitarios, contactarémosche para a realización das seguintes probas:

Entrevista

Fai a entrevista persoal

A entrevista persoal ten por obxectivo coñecerte máis. Saber dos teus intereses, as túas inquedanzas, por que queres estudar na UIE e cales son as túas expectativas.

Á entrevista persol presentaranse só aqueles candidatos que superaran as probas escritas e será presencial nos Campus da UIE ou por videoconferencia.

Reserva

Aboa a reserva de praza

Aboa a reserva de praza. Unha vez completada e validada a túa candidatura, poderás efectuar a reserva de praza para obter a carta de admisión e garantir a túa praza.

Se vés doutra titulación, unha vez reservada a praza, poderás solicitar o recoñecemento de materias.

Proceso final

Fai a entrevista persoal

Formaliza a matrícula:

Desde UIE porémonos en contacto contigo para informarte sobre os prazos e proceso que terás que seguir para a formalización da túa matrícula.

Asina o contrato de aprendizaxe:

Unha vez sexa oficial que formas parte da gran familia UIE, terás que asinar un contrato de aprendizaxe institucional, como parte dos requisitos de ingreso e vixencia na institución. Neste contrato establécense as condicións específicas da relación entre a institución e os seus estudantes, normativas, procedementos e os compromisos éticos de ambas partes.

Tes algunha dúbida?

Contáctanos e axudámoste a resolvela.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.