Servizo de

atención ao estudante

A universidade centrada en TI

Cal é o obxectivo do servizo de Atención ao Estudante?

Na Universidade Intercontinental da Empresa o máis importante es TI. De feito, a orientación ao estudante é a nosa razón de ser e témola en mente en cada decisión que tomamos.

Por iso, para garantir a túa experiencia e que poidas sacar o máximo proveito á túa formación, desde o Servizo de Atención ao Estudante poñemos ao teu dispor:

Método individualizado

O noso método educativo afástase da formación tradicional e masificada, para adaptarse a unha realidade cambiante dentro do sector empresarial e tecnolóxico.

No noso modelo, adquires como estudante un rol activo na túa formación, ata converterte nun profesional do futuro e con garantías de empregabilidade.

Este método innovador e individualizado materialízase en grupos reducidos e multiculturais, así como a oportunidade de aprender ao teu ritmo e mediante distintas actividades de aprendizaxe personalizada.

Contrato de aprendizaxe

Un dos mellores exemplos da nosa orientación aos estudantes son os nosos contratos de aprendizaxe. Existen contratos institucionais e para cada mateira, e reflicten os compromisos que adquiren tanto o estudante como a institución.

O contrato asínase xusto despois de formalizar a matrícula, como parte dos requisitos de admisión e vixencia na institución.

Titoría e mentoring

Para asegurarnos que sempre contes coa axuda necesaria e apoio dentro da UIE, contarás cun mentor permanente durante todo o teu grao ou máster. Ademais, todo o noso profesorado dedica horas de atención personalizada, para así reforzar a túa aprendizaxe e as competencias de cada materia.

Como parte do noso modelo académico, terás actividades de titoría e mentoring de carácter obrigatorio.

Porque a nosa prioridade es ti e o teu futuro!

Que podemos facer por ti?

Á parte de todas as nosas accións e actividades centradas en ti, desde o Servizo de Atención ao Estudante poñémonos ao teu dispor para ser o teu apoio no día a día.

Conta connosco tanto para xestionar os teus trámites administrativos, como para resolver calquera dúbida que teñas sobre o teu ingreso ou desenvolvemento na UIE.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.