Residencia
de estudantes
Vive a túa experiencia universitaria completa vivindo na residencia de estudantes da UIE
A nosa residencia está deseñada para que os estudantes teñan un ambiente adecuado de convivencia e estudo.
Ademais, promovemos a organización e participación dos estudantes en actividades complementarias para enriquecer a súa formación social, cultural, científica e deportiva.
Características xerais
LOCALIZACIÓN
Situada no centro da cidade de Pontevedra
CAPACIDADE
Capacidad máxima para 140 residentes
DOBRES
50 habitacións dobres, das cales 5 están habilitadas para persoas con mobilidade reducida
INDIVIDUAIS
40 habitacións individuais
TAMAÑO
Edificio de máis de 5.000 m2
Espazos e zonas comúns:
Sala de xogos
Lavandaría
Aulas de estudo
Recepción
Salón de actos
Comedor
Salas de TV
Cociña
Talleres de traballo
Servizos dispoñibles para os estudantes
Servizo de comedor
Con posibilidade de pensión completa, todos os días da semana
ver horarios do comedor
Servizo de limpeza nas habitacións
Que se realiza mínimo tres veces por semana
Internet
Conexión wifi xeral
Servizo de lavandaría
Instalacións con secadoras e lavadoras que funcionan con moedas
Horarios e duración do aloxamento
A residencia de estudantes está aberta 24h
Estancia durante o Curso Académico
Setembro a xuño
O centro permanece pechado por vacacións de Nadal e Semana Santa.
Estancia de Verán
Do 1 de xuño ao 31 de agosto
No verán damos aloxamento a residentes con materias pendentes, asociacións sen ánimo de lucro, clubs deportivos, campamentos de estudantes, etc.