Executive education
En UIE axudámoste a conseguir os obxectivos de crecemento na túa empresa dotando ao teu equipo das ferramentas necesarias para adaptarse ás novas necesidades do sector.
Descubre a nosa formación executiva e fai despegar a túa empresa.
A adaptación á nova realidade
En UIE atesouramos máis de tres décadas de experiencia formando aos directivos das empresas de Galicia: ser os primeiros fixo que non só abrísemos o camiño, senón tamén que nos adaptásemos e reinventásemos constantemente para dar resposta ás necesidades das empresas e dos seus profesionais.
Cada etapa profesional require desenvolver competencias específicas, por iso o lifelong learning converteuse na base fundamental para seguir contribuíndo ao desenvolvemento de profesionais con experiencia e empresas a través dos programas da área de formación executiva da UIE.
Formación para cada etapa da túa carreira
FLEXIBLE E ADAPTADA A TI
Porque cada etapa profesional require desenvolver competencias específicas, descobre o programa que mellor se adapta ás túas necesidades:
DESCUBRE A NOSA FORMACIÓN EXECUTIVA
Executive Program en Dirección de Vendas
Impact Program in International Marketing
Executive Master in Seafood Management
7 áreas de coñecemento
claves no desenvolvemento empresarial
7 áreas de coñecemento
claves no desenvolvemento empresarial
Metodoloxía
De aplicación inmediata no trabajo
Ampliarás e actualizarás coñecementos de xestión empresarial, descubrirás modelos de análise de negocio, dominarás técnicas e ferramentas que poderás aplicar de forma inmediata no teu día a día.
Desenvolvemento de Capacidades Clave
Reforzarás as habilidades necesarias para mellorar a túa capacidade de liderado, a xestión de equipos ou a toma de decisións, que te axudarán a afrontar os novos retos profesionais.
Aprender facendo
Debatirás situacións reais de empresas concretas mediante o método do caso. Practicarás a toma de decisións nun contorno de simulación e desenvolverás plans de negocio de empresas reais que defenderás ante empresarios, directivos e investidores.
Networking
Ampliarás a túa rede de contactos co resto de participantes, profesorado, facilitadores e directivos que te acompañarán no teu proceso formativo.
Tecnoloxía de vangarda
Nos campus de UIE atoparás un contorno para a aprendizaxe dotado dos recursos tecnolóxicos educativos máis modernos para que vivas unha experiencia de aprendizaxe única.
Non sabes que programa se adapta mellor ás túas necesidades?
Non te preocupes!
Contacta connosco, axudaremoste a conseguir os teus obxectivos profesionais.