Executive Program en Dirección de Vendas

Executive Program en Dirección de Vendas

Adáptate ás novas formas de acceder aos mercados A dirección dos equipos comerciais acapara un protagonismo cada vez maior na xestión. O resultado do seu traballo é o que incide, en maior medida, nas contas de resultados das compañías. No Advanced Program en Dirección de Vendas achegarémosche as técnicas, os coñecementos e as ferramentas necesarias para levarte á nova dirección comercial e as súas funcións: innovar, planificar, organizar, supervisar e dirixir a actividade da forza de vendas, para acadar os obxectivos empresariais que garanten a proxección da compañía a medio e logo prazo. No é o que es. É o que serás.

4 razóns

para cursar o Executive Program en Dirección de Vendas de UIE

I
Convertiraste nun líder en Dirección de Vendas con sólidos coñecementos estratéxicos e habilidades prácticas.
II
Desenvolverás competencias para analizar, planificar e executar estratexias comerciais directivas.
III
Potenciarás a capacidade de xestión de equipos comerciais e a relación a longo prazo cos clientes.
IV
Integrarás de maneira eficaz as canles dixitais na estratexia comercial global.
primero (1)

Benvido a unha nova era do management coa UIE.

Que debes saber?

CAMPUS

Vigo

FORMATO

Aula presencial, con posibilidade de presencialidade remota

DURACIÓN

3 meses

CRÉDITOS

80 horas

INICIO

Novembro 2024

HORARIO

Horario intensivo os venres, de 9:30 a 19:30

MANO (1)

Para quen?

O Executive Program en Dirección de Vendas é o teu programa si…
  • Es un directivo, xestor ou responsable comercial con alto potencial e desenvolves a túa actividade en:
    • A xestión dun territorio ou área de actividade comercial
    • A xestión de canles directas ou indirectas
    • A xestión de clientes en mercados de consumo, servizos ou industriais
    • A xestión de grandes contas, pemes ou mercados residenciais
    • A xestión de servizos post-venda
  • Tamén poderás formar parte do programa se es Xerente de Empresa, especialmente de PEMES, con responsabilidade directa en procesos e políticas comerciais.

DESCUBRE O NOSO PROGRAMA

Cunha duración de tres meses, o Advanced Program en Dirección de Vendas estrutúrase en oito módulos:

Módulo 1: Estratexia de empresa e estratexias comerciais

Módulo 2: A planificación comercial

Módulo 3: Métodos cuantitativos e cualitativos de previsión de vendas

Módulo 4: O departamento comercial como achegador de marxe

Módulo 5: Pautas eficaces para a xestión de equipos comerciais

Módulo 6: As habilidades do xestor de equipos comerciais

Módulo 7: A relación co cliente a longo prazo: fidelización e CRM

Módulo 8: A integración das canles dixitais na estratexia comercial

 

01. Estratexia de empresa e estratexias comerciais (8 horas)

  • Estratexias empresariais e comerciais
    • Posicionamento
    • Estratexias sostidas
  • Análise dos mercados e segmentación
  • A estrutura comercial como resposta aos mercados: funcións
  • Os elementos clave da función de dirección de vendas
    • Distribución
    • Cliente
    • Prezo
    • Segmentación

02. A planificación comercial (8 horas)

  • Plan de Empresa, Plan de Márketing e Plan de Vendas
  • Análise histórica e descrición da situación actual
  • Enumeración de obxectivos
  • Estratexia de medios e valoración económica
  • Programas e orzamentos detallados
  • Sistemas de información e control
  • Guía metodolóxica para a planificación comercial

03. Métodos cuantitativos e cualitativos de previsión de vendas (8 horas)

  • Os métodos de previsión e a súa utilidade
  • Análise de canles de distribución, zonas de vendas, produtos e clientes
  • Coherencia de obxectivos empresariais, comerciais e de venda
  • Obxectivos de venda e participación
  • As cotas de venda e a súa fixación

04. O departamento comercial como achegador de marxe (8 horas)

  • Introdución aos estados financeiros
    • Balance
    • Conta de resultados
  • As variacións patrimoniais e a actividade da empresa
  • A rendibilidade das operacións comerciais
  • O impacto das condicións dos acordos comerciais adoptados
  • Custos, prezos e rendibilidade
  • A xestión de operacións comerciais con investimento en clientes

05. Pautas eficaces para a xestión de equipos comerciais (8 horas)

  • Planificar a rede de vendas actual e a medio prazo
  • Dirixir equipos de vendas:
    • Funcións
    • Postos
  • Recrutamento e selección
  • Sistemas de motivación
  • Sistemas de retribución
  • Modelos de avaliación e seguemento

06. As habilidades do xestor de equipos comerciais (16 horas)

  • Comunicación Interpersoal
  • Xestión de Conflitos
    • Chequeo á madurez da forza de vendas
    • Xestión de reunións do equipo comercial
  • A utilización dos recursos persoais, audiovisuais e espaciais para realizar unha presentación efectiva
  • Negociación comercial
    • A venda consultiva como punto de partida
    • Proceso Xeral de Negociación (PXN)
    • A casuística na negociación coas contas clave

07. A relación co cliente a longo prazo: fidelización e CRM (8 horas)

  • Os nosos clientes son a nosa biografía
  • Xestión de cartera. Características sectoriais
  • Xestión e fidelización de clientes
  • Ferramentas para a xestión dos clientes directos
  • Sistemas de explotación da planificación e a información • Estratexias de márketing relacional e modelos CRM

08. A integración das canles dixitais na estratexia comercial (8 horas)

  • Xestión do Social Selling
  • Introdución aos modelos de estratexia de prospección e captación
  • Accións e estratexias de captación
  • Prospect Contact Program. Estratexia de contacto. Planificación do contacto
  • Métricas e sistemas de control. Cadro de mando
  • Integración no ciclo de vida do cliente. De prospect a customer
Executive Program en Dirección de Vendas
  • Estratexias empresariais e comerciais
    • Posicionamento
    • Estratexias sostidas
  • Análise dos mercados e segmentación
  • A estrutura comercial como resposta aos mercados: funcións
  • Os elementos clave da función de dirección de vendas
    • Distribución
    • Cliente
    • Prezo
    • Segmentación
  • Plan de Empresa, Plan de Márketing e Plan de Vendas
  • Análise histórica e descrición da situación actual
  • Enumeración de obxectivos
  • Estratexia de medios e valoración económica
  • Programas e orzamentos detallados
  • Sistemas de información e control
  • Guía metodolóxica para a planificación comercial

+

  • Os métodos de previsión e a súa utilidade
  • Análise de canles de distribución, zonas de vendas, produtos e clientes
  • Coherencia de obxectivos empresariais, comerciais e de venda
  • Obxectivos de venda e participación
  • As cotas de venda e a súa fixación
  • Introdución aos estados financeiros
    • Balance
    • Conta de resultados
  • As variacións patrimoniais e a actividade da empresa
  • A rendibilidade das operacións comerciais
  • O impacto das condicións dos acordos comerciais adoptados
  • Custos, prezos e rendibilidade
  • A xestión de operacións comerciais con investimento en clientes

Programas relacionados

co Executive Program en Dirección de Vendas

UIE ofrece a través da área de Eduación Executiva o abanico máis completo de programas formativos para axudar ás empresas galegas a alcanzar os seus obxectivos de crecemento económico nesta cuarta revolución industrial, que require de profesionais altamente cualificados.

Exponential Executive MBA

O Exponential Executive MBA desenvolve a visión estratéxica necesaria para identificar novas oportunidades de negocio, a capacidade para deseñar e implementar estratexias e as habilidades necesarias para liderar procesos de cambio.

PÚBLICO

Directivos de área e/ou departamento

INCLÚE

2 estancias internacionais

OBXECTIVO

Pasar da dirección ao liderado

DURACIÓN

15 meses

Executive Masters

O Executive Master desenvolve unha visión global do negocio que capacita ao profesional para dirixir unha área ou departamento con eficacia, perfeccionando as competencias da función coñecendo o impacto da mesma no conxunto da compañía.

PÚBLICO

Mandos intermedios, responsables de área e/ou departamento

OBXECTIVO

Desenvolver unha visión global do negocio

DURACIÓN

9 meses

Executive Programs

Afonda nos coñecementos, técnicas e ferramentas específicas de cada función para asentar unha base sólida na xestión operativa do día a día que reforce ao profesional na súa área ou departamento.

PÚBLICO

Técnicos de área ou departamento

OBXECTIVO

Conseguir o dominio da función a través do expertise.

DURACIÓN

6 meses

Advanced Programs

Co obxectivo de trasladar as últimas e máis relevantes do management, os participantes dos Advanced Programs actualizarán os seus coñecementos e habilidades, potenciando un mindset de crecemento na súa área de responsabilidade acorde aos novos paradigmas que marcarán o futuro da xestión empresarial.

PÚBLICO

Profesionais con polo menos 5 anos de experiencia

OBXECTIVO

Coñecer as últimas tendencias en management

DURACIÓN

2-3 meses

CRÉDITOS

12-15 ECTS

Non sabes que programa se adapta mellor ás túas necesidades?

Non te preocupes!

Contacta connosco, axudaremoste a conseguir os teus obxectivos profesionais.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.