Opinións

dos nosos estudantes

Experiencias Grao e Máster

ESCOITA AS OPINIÓNS DE ESTUDANTES ACTUAIS E ANTIGOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER DA UIE

Experiencias Executive Education

DESCUBRE AS OPINIÓNS DE ANTIGUOS ESTUDANTES DA FORMACIÓN EXECUTIVA DA UIE

O Executive MBA proporcionoume capacidades e habilidades directivas que non tiña. Cando xurdiron oportunidades laborais, estaba preparado e puiden aproveitalas con éxito.

Alberto Manuel de Francisco Guisasola

Este programa enriqueceu a miña experiencia profesional achegando enormemente o meu desenvolvemento como directiva en moitos ámbitos, e especialmente na creación de redes profesionais, en negociación, poder e influencia, así como no desenvolvemento dunha visión máis estratéxica e global dos negocios. Conta cun profesorado de alta calidade e un enfoque moi práctico baseado na resolución de casos e análises de empresas referentes.

Nuria Alonso Santamarina

O Executive MBA fíxome crecer no profesional e persoal achegándome unha visión global da empresa e as últimas tendencias a nivel directivo, con mellora na toma de decisións estratéxicas e consolidando soft skills fundamentais para unha dirección de equipos óptima e motivadora

Alfredo Rivas Carballo

Achegoume a perspectiva desde a que abordar os problemas do día a día dentro da organización desde a área de RR.HH. que, ademais, reforzou as miñas fortalezas profesionais.

Alicia Barreira Rial

O Executive achegoume unha visión global do mundo empresarial moito máis alá da miña visión técnica e do sector no que traballaba. A interacción con compañeiros con realidades profesionais moi distintas axudoume, e segue a axudarme, a ver a empresa desde outros puntos de vista diferentes do meu.

Fernando Bianchi Bustillo

O Executive MBA supuxo un punto de inflexión na miña carreira profesional. Achegou unha visión xeral que me permitiu evolucionar das funcións técnicas relacionadas coa miña área de formación ás funcións de dirección xeral. Así mesmo, durante o programa puiden compartir moi bos momentos cos compañeiros e xerar unha relación de amizade que aínda se mantén despois de vinte e cinco anos.

Carlos Suárez Rey

Oferta formativa

15 opinións con valoración 5.0 sobre 5.0

Queres saber máis?

Contáctanos e informámoste da nosa oferta formativa.

¿Te gustaría estudiar con nosotros?

Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.