Incremento de costes derivados da onda inflacionista en produtores, industria e distribución.
O sector da alimentación en Galicia supón un 10 % do PIB e xera 100.000 empregos. Non obstante, o futuro do sector debe facer fronte a unha situación complicada:
Incremento de costes derivados da onda inflacionista en produtores, industria e distribución.
Problemas para a obtención de materias primas.
Contexto postpandemia.
Sen dúbida a innovación é un dos vértices nos que se apoia o futuro da cadea de valor da industria agroalimentaria ao tempo que ha de ir da man das demandas do mercado, acompañando ao consumidor.
Por iso decidimos que o eixo do Exponential Challenge by UIE sexa “O futuro da Alimentación”, un reto onde convidamos o talento mozo a deseñar solucións exponenciais nacidas da aplicación de metodoloxías de innovación e emprendemento.
O Exponential Challenge by UIE é moito máis ca unha bolsa de estudos, senón que representa o compromiso da Universidade Intercontinental da Empresa coa xeración de oportunidades á xente nova que queira desnvolver a súa carreira no campo da xestión empresarial.
Demostra o teu talento no noso reto e gaña unha bolsa do 50% para cursar os másteres universitarios da UIE.
Prazas limitadas
Nesta nova edición incrementouse a tipoloxía das bolsas que consisten en:
Bolsas Exponential Challenge ao talento individual.
Bolsas Exponential Challenge ao talento en equipo.
Premios extraordinarios ao mérito de ata o 20%
Con ganas de aprender e asumir retos
Con capacidade de adaptación aos cambios
Que saiban traballar en equipo
Comprometidas e dispostas a vivir un proceso de transformación.
Movidos por valores e que, en lugar de pensar en forma lineal, soñan en exponencial.
Realización do reto. Online
Presentación das solucións por equipos
Durante catro días (4, 5 6 e 7 de xullo): traballarás en equipo aplicando o modelo de pensamento e xestión exponencial.
O día 8 de xullo: cada grupo terá que propoñer solucións disruptivas ao reto “O futuro da alimentación” a través de iniciativas escalables que poderán convertirse en realidades.
Para logralo, os participantes estarán acompañados e asesorados en todo momento por un equipo de mentores especializados na xeración de ideas exponenciais.
Descarga as bases legais de participación
O número de prazas é limitado. Entre todas as candidaturas chegadas a través do noso formulario de inscrición, realizaremos un proceso de selección dos participantes do reto segundo os seguintes criterios, e que poderás ver tamén nas bases legais.
No caso de que o estudante estea cursando un grao, valorarase a nota media das mateiras cursadas ata o momento.
No caso de que o estudiante se graduara valoraremos a nota media final do Grao. Este requisito ponderará un 30% .
Desexamos coñecerte e saber se es unha persoa creativa e exponencial.
Para isto deberás enviar un videoselfie no que fagas unha presentación de ti mesmo e a motivación que tes para participar. Queremos coñecer o teu interese e experiencia en novas tecnoloxías, novos modelos de negocio, emprendemento e o que nos queiras contar de ti e do noso fío condutor neste Exponential Challenge: O FUTURO DA ALIMENTACIÓN
A gravación non debe ter unha duración de máis dun minuto. Este requisito ponderará un 40 % para o cálculo da avaliación final
Ter un nivel mínimo de dominio de inglés é unha condición necesaria para avanzar na nosa carreira exponencial, realizarás un test virtual para saber o teu nivel medio. Este requisito ponderará un 30 %.
Todos os candidatos ao Exponential Challenge deberán remitir o seu currículum vítae actualizado.
Nesta nova edición teranse en consideración a diversidade xeográfica e de xénero, baseada na calidade e cantidade de candidaturas e poderán valorarse outros criterios de selección que consideren convenientes en caso de que a demanda de prazas por parte dos estudiantes supere la oferta.
Todos os participantes no Exponential Challenge by UIE recibirán formación sobre metodoloxías de innovación e o modelo de xestión exponencial.
Traballando en equipo, os participantes deberán presentar unha solución exponencial para o reto “O futuro da alimentación” ante un tribunal que valorará a calidade da mesma.
As persoas gañadoras recibirán unha bolsa do 50 % para cursar o Máster en Dirección e Administración de Empresas – MBA ou o Máster en Tecnoloxía e Intelixencia de Datos Empresariais da UIE. Establécense os seguintes premios:
Bolsas Exponential Challenge ao talento individual.
Bolsas Exponential Challenge ao talento en equipo.
Premios extraordinarios ao mérito de ata o 20%
Ata o luns 5 de setembro ás 14.00 h. As prazas asignaranse por orde de recepción das candidaturas, sempre e cando reúnan as características do perfil dos xeradores de cambio que procuramos.
Desenvolveras os días 12, 13, 14 e 15 de setembro.
Cada equipo traballará acompañado por un coach exponencial, para xerar unha
iniciativa
de cambio exponencial, seguindo o seguinte esquema:
O 16 de setembro realizarase a sesión de peche, cada equipo presentará a súa iniciativa ante un tribunal e recibirá feedback.
Será o 21 de setembro.
Innovation coach and Advisor
Conectora apaixonada por romper barreiras a través de tecnoloxías exponenciais, innovación e persoas.
Innovation coach and Advisor
Autora de “Foodtech: a gran revolución da industria alimentaria” e fundadora de TechFood Magazine.
Innovation coach and Advisor
Emprendedora, dá charlas por todo o mundo e axuda a innovar e crear novas iniciativas de cambio.
Co-Fundador e CEO de Innogando e COO e fundador de Galidet
Persoa nova, apaixonado emprendedor e participante do Exponential Challenge 2020
Actual estudante do MBA, enxeñeiro en Telecomunicacións e CEO de Aviporto.
Pensa en grande e gústalle compartir con outros.
CEO & Founder de Xoia Extending Reality.
Apaixonado pola realidade aumentada e a realidade virtual. Líder na aplicación práctica, útil e innovadora das novas tecnoloxías
Profesora de Economía
Apaixonada por aprender e transmitir esa aprendizaxe. Blanca coordina desde UIE que todo saia ben. 🏆
Universidade Intercontinental da Empresa © 2022
Déjanos tus datos y nos pondremos en contacto contigo.