Servizo de
orientación profesional
Contigo para dar o salto ao mundo laboral
En que consiste o Servizo de Orientación Profesional?
Xa sabes que na UIE, o noso maior obxectivo é asegurar a túa empregabilidade e ayudarte a acadar o éxito no teu proceso de inserción laboral.
Para isto, desde o Servizo de Orientación Profesional promovemos varias actividades que te prepararán para o teu futuro laboral e axudarán a dar o salto ao mundo laboral.
Xestión de prácticas curriculares
Os nosos graos e másteres universitarios contan con prácticas externas como parte do programa de estudos. O seu obxectivo é que todos os nosos estudantes finalicen os seus estudos con experiencia laboral acreditada. Sen dúbida, unha vantaxe que abrirá moitas portas no inicio da súa andaina profesional.
Como te axudamos no proceso de asignación das prácticas?
O modelo de asignación de prácticas deseñouse a partir de como é un proceso de selección de persoal real. Así, é o estudante quen escolle a que ofertas quere presentarse, iniciando así o trámite, e presentando o seu CV, que máis tarde será revisado polas empresas.
Pola nosa parte, acompañarémoste durante todo o proceso de asignación e asesoraremos sobre a qué ofertas inscribirte tendo en conta as túas:
- PREFERENCIAS
- CAPACIDADES
- PUNTOS FORTES
- INQUIETUDES PROFESIONAIS
Profesional Training
Á parte de ofrecerche orientación profesional, traballamos contigo cóbado con cóbado para axudarte a preparar o teu salto ao mundo laboral.
Como o facemos?
A través de talleres deseñados para impulsar a túa empregabilidade e posicionarte como o candidato ideal nos teus futuros procesos de selección:
- PREPARACIÓN DO TEU CV
- Deseño de carta de presentación máis atractiva
- Simulacións de entrevistas de traballo (con feedback de mellora)
- Adestramento para dinámicas de grupo
- Bases para a negociación dunha oferta de emprego
- Marca persoal e networking
Encontros con empresarios e directivos
Unha das mellores formas de traer o papel dos xestores de empresas ás nosas aulas, é que poidas coñecer e falar con empresarios e directivos de distintas empresas.
Como o facemos?
Desde o Servizo de Orientación Profesional organizamos encontros con diferentes perfís profesionais dentro de empresas do sector, para impulsar o teu contacto con quen podería ser o teu futuro empregador. Entre eles:
- Alumni (antigos estudantes de UIE)
- Responsables de Selección de Persoal
- Directores de Recursos Humanos e Empresarios
- Directivos de empresas nacionais e internacionais